Amig@s do Mar

jueves, 23 de junio de 2011

A noite meiga de San Xoán




A noite de San Xoán, o 24 de xuño, é hoxe unha das festas máis ricas en lendas, supersticións e costumes que acocha o noso folclore, a nosa cultura. Antes de ser cristianízada, era unha relixión popular na que os espíritus do mal actuaban na escuridade con obxectivos malévolos na percura dalgunha victima.
Pretender sabe-la oríxe desta liturxia sería perderse nos estadios máis ancestrais da vida mesma. Quizáis poderíase remontar ás civilizacións prehistóricas e sobre todo dende que o home se decata do movemento de translación ó redor do sol que anualmente recorre o noso planeta. Dita observacián puido ser consolidada cando a humanidade logrou "domesticar" o lume.

0 dia no que o sol atinxe o maior tempo de esplendor dase o 21 de xuño , fenômeno natural coñecido como "solsticio vernal ou de verán". A partir de entón, o tempo da claridade solar vai diminuindo paseniñamente ate o solsticio "hienal ou invernal" no día de San Silvestre. De seguido, a luz diurna vai "increscendo" ata repeti-lo ciclo .

Segundo a definía don Eladio Rodríguez Gónzalez no seu Breviario enciclopédico: "Na noite de San Xoán parecen realizarse tódalas marabillas. Acéndense nas cidades, vilas e aldeas as tradicionais lumeiradas, arredor das
cales canta a mocidade, baila e brica por riba das chamas; pasan logo os gandos para que reciban o orballo de San Xoán, cando xa as fogueiras esmoreceron, facendo que as redes reciban o remol aínda fumegante; póñense ó relento herbas e plantas recendentes, mergulladas en auga, e nesta auga sandadora lávase á mañá seguinte toda a familia, na crenza de ver curadas as erupcións do cute que padecen; tómanse ás doce da noite as nove ondas do mar polos que viven preto; non poucas persoas acoden á praia máis cercana, malia teren que percorrer unha distancia de dúas a tres légoas para recibi-las salutíferas ondas; chimpándose nove veces ó río os ribeiráns do Miño ó dálas doce da noite, cren que esas ablucións lles serán beneficiosas.

As mozas solteiras botan a clara e a xema dun ovo nun vaso con auga, que poñen ó relento para observar ó saí-lo sol as formas caprichosas que adoptou o contido e deducir diso a profesión ou oficio que terá o desexado noivo ou o futuro esposo; hai quen cre que as meigas aproveitan a noite de San Xoán para dirixirse polos aires ós seus conciliábulos de Sevilla ou do noso areal de Coiro; e tales virtudes salutíferas e purificadoras teñen as augas nesta noite única, que tamén posúen facultades prolíficas para a moza que acade coller a chamada Flor da auga fría. En non poucas aldeas galegas moitas persoas adoitaban madrugar para ver por un cristal afumado como o sol nace bailando na madrugada dese día vizoso en prodixios. A mocidade das aldeas, aproveitando as sombras, dedícase a cambiar de sitio e saca-las cancelas dos seus gonzos, os carros, os apeiros de labranza e tódolos enseres que poden levar duns sitios a outros máis ou menos afastados; deste xeito aparecen pola mañá na eira dun veciño o que estaba recollido no alpendre doutro; e así trasladaban á Veiga vella os efectos dun veciño da Veiga nova; e aínda atrancan as portas de moitas casas para que os moradores non poidan saír doadamente delas. Nas poesías dos trobadores medievais fanse referencias adoito a estes costumes que xa entón eran propios de noite e de día tan sinalados




HERBA lUISA



FIUNCHO



AS HERBAS

Popularmente ben coñecidas polas súas propiedades curativas, mediciñais, purgativas e mesmamente perigosas. A ciencia popular soubo identificar moi ben aquelas nas que as divinídades transmitían os atributos milagreiros, otorgándolle a cada pranta ou herba unha finalidade concreta e diferente. Hoxe as investigacións no laboratorio relegaron o uso das prantas ó consumo de productos dietécticos; pero será a propia investigación quen logrará, nun futuro non moi lonxano, o verdadeiro valor centífico e medicinal das mesmas.


OS PENEDOS, ENCRUCILLADAS, LAGOAS, CASTROS E OUTEIROS

Non son máis que lugares de culto, que a cristianización transformou en altares e cruceiros. Nestes sítios manífestábanse fisicamente os mutados en fadas, bruxas, diaños, cobras, santa compaha etc. etc. Aparecian en días tan sínalados como o San Xoán ou Noiteboa para face-los conxuros e feitizos. 0 mortal que conseguira miralos arriscábase a todo. Desde enriquecerse, na maioria dos casos, de acadar co desfeitizo, ata desaparecer ou morrer se non o lograba.

Uuha tradición e un ritual que non podemos deixar de celebrar os galegos..

Hoxe no meu blog de "Amig@s
Pasade bo día e mellor noite....A DISFRUTAR....LUMEEE!!!

4 comentarios:

  1. Os mellores perfumes do Mundo saen das herbas de San Xoan porque ademais teñen charamuscas das estrelas que fan que dure o seu aroma anímico todo o ano.
    Gústame tanto como todo o teu blog que é moi fresco e agradable.
    Que as meigas boas che sexan propicias.
    Feliz noite de San Xoan!
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Tes razón Manolo, son os mellores perfumes do mundo ,porque son naturales como a vida misma, con un olor sin igual..eu desde logo penso lavarme a cara mañá con esa auga remollada nesas flores, coma sempre ...é unha tradición para mín, a ver si as meigas boas me purifican..jaja!
    Grazas polo teu comentario.
    Unha apreta!
    Olivia

    ResponderEliminar
  3. Vamos a ver, señorísima trinity.Vos sós argentina, por el mal uso que hace de nuestro idioma- tenemos dos, el gallego y el castellano- pero de las que dejan a Argentina, país muy apreciado por mí, a nivel del subsuelo. Deje tranquila a Olivia, y no sea usted una plasta. Denuncie, haga uso de la POLITICA DE PRIVACIDAD y de todo lo que su mente enferma le dicte.Yo no le tengo ni respeto ni miedo. Asco me dá una persona que va de guai, chachi piruli,Y métase el premio otorgado al hermoso, trabajado, sensible e imprescindible BLOG DE OLIVIA ,en dónde le quepa.Esa adulación ,falsa, cruel, sádica, prepotente, absurda, vaya, como su señoría la trinity a la caquita . Tiene OLIVIA, en una sóla de sus células, más información que usted en su mermada cabeza. Váyase a tocar el cencerro a la pampa.En nuestra Galicia también tenemos abogados, derechos, y ni usted ni sus adláteres, porque llamarlos amigos es una fantasmada de su mente enferma, nos van a meter miedo. Vamos , que como siga así, yo, que guardo todos sus miercomentarios en una carpeta, se los paso a donde corresponda.eres Cruella de Vil pero nosotros no somos los dálmatas.Hágase un abrigo de manchas negras y blancas, pero borre las blancas. Y si quiere mas información , métase en mi muro, Marilyn Miranda Armada. Verá usted lo que es bueno . Yo no me achico.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar