Amig@s do Mar

domingo, 12 de junio de 2011

Castelo de San Antón ( A Coruña )





Sobre un pequeno islote, na ría de A Coruña, edificouse a finais da Idade Media unha capela dedicada a San Antón, na que se recollía ós navegantes aquexados do mal gangrenoso “Lume de San Antón”. Este islote foi máis tarde utilizado como lazareto, lugar de confinamento dos viaxeiros sospeitosos de padecer lepra.
As obras de construcción do castelo de San Antón comenzaron en 1587, como indica unha inscripción situada xunto ó escudo do marqués de Cerralbo na portada da fortaleza. Durante o ataque inglés de Francis Drake en 1589, o castelo que estaba en fase de construcción defendeu eficazmente coa súa artillería a muralla da cidade. O rei Felipe II ordeou que se acabara o forte, baixo a dirección do enxeñeiro Rodríguez Muñiz.

Tra-lo ataque de 1639, no que a escadra francesa asediou a cidade, a bahía coruñesa quedou protexida polos fogos cruzados dos castelos de San Antón e San Diego (hoxe desaparecido). Tras este ataque o marqués de Valparaíso propuxo a Felipe IV a reforma da fortificación, que concluiría no século XVIII, cando o enxeñeiro Antonio López Sopeña construiu a Casa do Gobernador coa súa pequena capela neoclásica no exe da composición do edificio.
No século XX uniuse a terra, deixando de ser unha isla. En 1960 o ministerio do Exército o cedeu á Casa do Concello, tras unha longa etapa como prisión militar. En 1964 convertiuse en Museo Arqueolóxico e Histórico de A Coruña.

2 comentarios:

  1. Borra, nuestra querida amiga,lo que la santísima trinidad escupe en forma de letras y adulaciones. No dejes tu blog por presiones hechas por brazos que no saben abrazar, sólo apretar y oprimir. Te queremos A TI, sentimos lo que TU SIENTES, leemos lo que TU ESCRIBES, compramos el libro que TU NOS RECOMIENDAS y nos duele, a tus auténticos amigos LO QUE A TI TE DESQUICIA. Soy Marilyn Miranda.

    ResponderEliminar
  2. Gracias Marilyn, ya ves he borrado todos los comentarios de esa tal Trini ..no consiento que se insulte a nadie, porque yo no lo hago...Gracias amiga por estar ahí y siempre que te guste una cosa comenta, a ver si le damos a alguién en la cabeza...
    Besos, Oli
    Te quiero!

    ResponderEliminar